Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Alemaña | ||||
Estado federado | Baviera | ||||
Regierungsbezirk | Alta Franconia ![]() | ||||
Capital de | |||||
Contén a división administrativa | Colmdorf (en) ![]() Eremitage de Bayreuth (pt) ![]() Friedrichsthal (en) ![]() Laineck (en) ![]() Meyernberg (en) ![]() Oberkonnersreuth (en) ![]() Oberpreuschwitz (en) ![]() Oschen Berg (en) ![]() Rodersberg (en) ![]() Saas (en) ![]() Sankt Johannis (en) ![]() Seulbitz (en) ![]() Thiergarten (en) ![]() ![]() | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 74.907 (2023) ![]() | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 66,89 km² ![]() | ||||
Bañado por | Red Main (en) ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | ||||
Altitude | 344 m ![]() | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Organización política | |||||
• Xefe do goberno | Thomas Ebersberger (pt) ![]() ![]() | ||||
Membro de | |||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 95401–95448 ![]() | ||||
Fuso horario | |||||
Prefixo telefónico | 921, 9201 e 9209 ![]() | ||||
Código NUTS | DE242 ![]() | ||||
Clave de rexión en Alemaña | 094620000000 ![]() | ||||
Número de municipio alemán | 09462000 ![]() | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Sitio web | bayreuth.de ![]() | ||||
![]() ![]() ![]() ![]() |
Bayreuth é unha cidade do Estado de Baviera, Alemaña, que é a capital da rexión administrativa (Regierungsbezirk) da Alta Franconia.
Está situada á beira do río Main vermello —unha das cabeceiras do río Main—, no leste de Alemaña.
A súa poboación era, segundo o censo do 31 de decembro de 2019, de 74 783 habitantes.[1]
A cidade é famosa pola súa relación co compositor Richard Wagner, quen viviu alí desde 1872 até 1882 (morreu un ano máis tarde en Venecia). A "casa de Wagner", Wahnfried, construíuse na cidade grazas ao patrocinio do rei Lois II de Baviera, e converteuse nun museo wagneriano.
Na zona norte da cidade encóntrase o Bayreuth Festspielhaus, un teatro da ópera construído especialmente para representar as obras de Wagner. As estreas das obras O anel do Nibelungo e Parsifal tiveron lugar neste teatro. Cada ano se celebra na cidade o Festival de Bayreuth dedicado á representación de óperas deste compositor alemán.
No primeiro ensaio do teatro de Bayreuth, Wagner interpretou a súa obra Parsifal, drama xermano-cristián, invitando a tal efecto a Nietzsche. Algúns suxiren que esta foi a razón pola que o filósofo nunca máis lle dirixiu a palabra e latricaría máis tarde contra o músico nos seus libros do último período.
A cidade é tamén coñecida pola súa universidade, especializada en ciencias económicas e medio ambiente.
Nesta cidade morreu en 1886, Franz Liszt.