Beady Eye | |
---|---|
![]() Liam Gallagher en Paradiso. | |
Orixe | Manchester, Reino Unido ![]() |
Período | 2009-2014 |
Xénero(s) | Rock |
Selo(s) discográfico(s) | Beady Eye Records (RU), Sony (Xapón), Dangerbird (EUA), MapleMusic Recordings (Canadá) |
Antigos membros | Liam Gallagher Gem Archer Andy Bell Chris Sharrock Jay Mehler |
Na rede | |
beadyeyemusic.co.uk | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Beady Eye foi unha banda británica de rock formada en 2009 polo cantante Liam Gallagher, os guitarristas Gem Archer e Andy Bell, e o batería Chris Sharrock, todos eles antigos membros de Oasis. En 2013, o antigo guitarrista de Kasabian, Jay Mehler, uniuse á banda para tocar o baixo durante a xira. A banda formouse despois da ruptura de Oasis, tras a marcha do seu guitarrista Noel Gallagher.
A banda lanzou dous álbums de estudio: Different Gear, Still Speeding (2011) e BE (2013). Os dous alcanzaron o Top 5 nas listas británicas.
O 25 de outubro de 2014, Liam Gallagher anunciou a disolución de Beady Eye a través da súa conta en Twitter.[1]