Beans | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Beans |
Director | Tracey Deer |
Produtor | Anne-Marie Gélinas |
Guión | Tracey Deer Meredith Vuchnich |
Intérpretes | Kiawentiio Rainbow Dickerson Violah Beauvais Paulina Alexis |
Música | Mario Sévigny |
Fotografía | Marie Davignon |
Montaxe | Sophie Farkas Bolla |
Estudio | EMA Films |
Distribuidora | Mongrel Media |
Estrea | Toronto: 13 de setembro de 2020 |
Duración | 92 minutos |
Orixe | ![]() |
Xénero | Drama |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() |
Beans é un filme canadense de 2020 dirixido pola cineasta mohawk Tracey Deer. O filme explora a crise de Oka de 1990 en Kanesatake, que Deer viviu cando era nena, a través dos ollos de Tekehentahkhwa (alcumada "Beans"), unha moza mohawk cuxa perspectiva da vida cambia radicalmente por mor destes acontecementos.[1]
O filme estreouse no Festival Internacional de Cinema de Toronto de 2020,[2] onde quedou no segundo posto ao premio People's Choice. Tamén se presentou no Festival Internacional de Cinema Infantil de Nova York de 2021, entre outros.
O filme gañou o premio ao mellor filme nos Canadian Screen Award de 2021,[3] xunto co premio John Dunning á mellor longametraxe.[4] Foi nomeado ao Prix Iris ao mellor guión na 24ª edición dos Premios de Cinema do Quebec en 2022.[5]