Beasts of No Nation | |
---|---|
![]() Logo do filme. | |
Ficha técnica | |
Título orixinal | Beasts of No Nation |
Director | Cary Joji Fukunaga |
Produtor |
|
Guión | Cary Joji Fukunaga |
Baseado en | Beasts of No Nation de Uzodinma Iweala |
Intérpretes |
|
Música | Dan Romer |
Fotografía | Cary Joji Fukunaga |
Montaxe |
|
Estudio |
|
Distribuidora | |
Estrea | Venecia: 3 de setembro de 2015 |
Duración | 137 minutos[1] |
Orixe | ![]() |
Xénero | Drama |
Orzamento | $6 000 000 |
Recadación | $90 777[2] |
Na rede | |
http://www.bleeckerstreetmedia.com/#!beasts-of-no-nation/c13og | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Beasts of No Nation é un filme estadounidense de 2015 escrito, producido e dirixido por Cary Joji Fukunaga, que tamén fixo de director de fotografía. Conta a historia dun neno que se converte en soldado cando o seu propio país comeza unha cruenta guerra. Rodado en Ghana e protagonizado por Idris Elba, Abraham Attah, Ama K. Abebrese, Grace Nortey, David Dontoh e Opeyemi Fagbohungbe, o filme baséase na novela homónima de 2005 de Uzodinma Iweala, cuxo título provén dun álbum discográfico de Fela Kuti.
Estreouse na competición oficial do Festival Internacional de Cinema de Venecia,[3][4] onde gañou o Premio Marcello Mastroianni.[5]
O filme estreouse na sección da Presentación Especial do Festival Internacional de Cinema de Toronto de 2015,[6] e en Netflix globalmente e nunha estrea limitada nos cinemas a través de Bleecker Street o 16 de outubro de 2015.[7]