Nome orixinal | (en) Beck Hansen |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | (en) Bek David Campbell 8 de xullo de 1970 (54 anos) Os Ánxeles, Estados Unidos de América |
Actividade | |
Ocupación | cantante, produtor musical, intérprete de banxo, cantautor, guitarrista, artista urbano, compositor, produtor |
Período de actividade | 1988 - |
Xénero artístico | Rock alternativo, anti-folk, hip hop alternativo, indie rock, Lo-fi, música psicodélica e Soul |
Tesitura | Barítono |
Instrumento | Guitarra, voz, teclado, baixo, Batería, Harmónica, sitar, Banjo, slide, guitarra de 12 cordas, Glockenspiel, vocoder, Mbira, melódica e beatboxing |
Selo discográfico | XL Recordings Bong Load Custom Records Sonic Enemy Geffen Records DGC Records Interscope Records Flipside |
Familia | |
Cónxuxe | Marissa Ribisi (2004–2019) |
Pais | David Campbell e Bibbe Hansen |
Irmáns | Channing Hansen |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
Sitio web | beck.com |
Bek David Campbell, nado nos Ánxeles (California) o 8 de xullo de 1970, é un músico, compositor, cantante, multiinstrumentista e produtor musical estadounidense, máis coñecido como Beck Hansen. Fíxose famoso a principios dos anos 90 co seu estilo experimental e lo-fi, dándose a coñecer por crear colleges musicias de xéneros moi variados. Musicalmente abarcou folk, funk, soul, hip hop, electrónica, rock alternativo, country, e psicodelia. Beck publicou 14 álbums de estudio (tres deles a través de selos independentes), ademais de varios sinxelos non aparecidos en discos e un libro de partituras.
Beck medrou nos Ánxeles facendo hip-hop e folk na súa adolescencia e comezou a actual a nivel local en cafeterías e clubs. Mudouse a Nova York en 1989 e involucrouse no movemento anti-folk da cidade. Regresou aos Ánxeles a principios dos 90 e gravou o seu sinxelo "Loser", que se converteu nun éxito en todo o mundo en 1994, e publicou o seu primeiro gran álbum, Mellow Gold, ese mesmo ano. Odelay, editado en 1996, encabezou as enquisas dos críticos e gañou varios premios. En 1998 publicou Mutations, influenciado polo country, e en 1999 o influenciado polo funk Midnite Vultures. O acústico Sea Change de 2002 amosaba un Beck máis serio, e o de 2005 Guero regresaba á produción baseada en samplers de Odelay. The Information de 2006 estaba inspirado no electro-funk, hip hop, e psicodelia; Modern Guilt de 2008 inspirábase na música pop dos 60; e o influenciado polo folk Morning Phase de 2014 gañou o Grammy ao álbum do ano. O seu álbum de 2017, Colors, gañou os premios Grammy de mellor álbum alternativo e ao mellor álbum gravado. O seu décimocuarto álbum de estudio, Hyperspace, foi editado o 22 de novembro de 2019.
Co seu collage pop de estilos musicais, irónicas letras e posmodernos arranxos usando samples, caixas de ritmos e efectos de sons, Beck foi aclamado pola crítica e polo público ao longo de toda a súa carreira e é considerado un dos músicos máis peculiares do rock alternativo dos anos 90 e 2000. Dous dos discos máis populares e aclamados de Beck son Odelay (1996) e Sea Change (2002). Odelay foi nomeado Álbum do Ano pola revista estadounidense Rolling Stone e pola británicas NME e Mojo. Odelay tamén foi nomeada ao premio Grammy ao Álbum do Ano. Os dous álbum aparecen na lista dos 500 mellores álbums de todos os tepos da Rolling Stone. Beck tamén colaborou con distintos artistas e fixo contribucións a varias bandas sonoras.