Nome | Benetton Rugby | ||
---|---|---|---|
Unión | Federazione Italiana Rugby | ||
Fundación | 1932; hai 93 anos | ||
Sede | Treviso, Italia | ||
Estadio(s) | Stadio Comunale di Monigo | ||
Capacidade | 6.700 espectadores | ||
Presidente | Amerino Zatta | ||
Adestrador | Kieran Crowley | ||
Capitán | Dean Budd | ||
Liga(s) | Pro14 | ||
2018−19 | 3º (conferencia B) | ||
| |||
Na rede | |||
http://www.benettonrugby.it | |||
O Benetton Rugby é un equipo de rugby italiano con sede na cidade de Treviso (Véneto). O nome do club é, desde 1979, debido ao seu partrocinador, a compañía de moda Benetton. O equipo participa actualmente no Pro14, unha competición profesional que agrupa equipos de Gales, Escocia, Irlanda, Italia e Suráfrica. Até o ano 2010 o equipo competiu no Super 10, a máxima categoría do rugby transalpino. Nesta última competición, o Benetton conseguiu desde a súa fundación en 1932 quince títulos nacionais.
O equipo de Treviso ten achegado unha gran cantidade de xogadores á selección italiana, como por exemplo Alessandro Zanni e Leonardo Ghiraldini. Por outra banda, o erquipo ten utilizado moitos xogadores estranxeiros, incluído os campións do mundo Craig Green, John Kirwan e Michael Lynagh. O club xoga os seus partidos como local no Stadio Comunale di Monigo, un recinto inaugurado en 1973 con capacidade para 6.700 espectadores.