Benidorm Fest | |
---|---|
![]() | |
Tipo | programa de televisión, festival de música, concurso anual de música, concurso de cancións e Eurovision Song Contest selection event |
Data de fundación | 2022 |
Nomeado en referencia a | Benidorm e festival |
38°33′00″N 0°07′12″O / 38.549930555556, -0.119875 | |
Na rede | |
https://www.rtve.es/television/eurovision/benidorm-fest/ | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Benidorm Fest é un festival da canción organizado en España pola empresa pública de comunicación Radio Televisión Española (RTVE) en colaboración coa Generalitat Valenciana. Este concurso determina a canción representativa do citado país para o Festival de Eurovisión e celébrase desde 2022 na localidade homónima.[1] O certame consta de dúas semifinais e unha final, sendo o gañador elixido polo público e por equipos de xuíces, ambas as partes tendo a mesma influencia no resultado final.[2]