Beowulf (poema)

Beowulf
Primeira páxina do poema Beowulf.
Título orixinalBeowulf
Autor/aDescoñecido
LinguaInglés antigo
Xénero(s)Poesía
EditorialThorkelin (primeira publicación)
Galicia Rinoceronte Editora
Data de pub.1815
Galicia 2010
FormatoRústica con lapelas
Páxinas166 (gl)
ISBNISBN 978-84-92866-17-5 (gl)
TraduciónJorge L. Bueno Alonso
Na rede
BNE: XX4121845
editar datos en Wikidata ]

Beowulf é o heroe do poema épico anglosaxón homónimo, que foi escrito en inglés antigo en verso aliterativo. Con 3182 versos, contén moito máis material que calquera obra similar no seu mesmo idioma, e representa arredor do 10% do corpus existente do verso anglosaxón. O único manuscrito que se conservou data do século IX ou X. Aínda que o poema non ten título no manuscrito, chamáronlle Beowulf desde principios do século XIX. Ten dúas grandes partes: a primeira acontece durante a mocidade de Beowulf, e narra como acode en axuda dos daneses ou xutos, que sufrían os ataques dun xigante (Grendel), e tras matar a este, enfróntase á súa nai; na segunda parte Beowulf xa é o rei dos gautas e pelexa ata a morte cun dragón.

A súa importancia é equiparábel á do Cantar dos Nibelungos, do Cantar de Mío Cid, do Cantar de Roldán ou do Lebor Gabála Érenn (Libro das Conquistas de Irlanda). Estímase que o poema se redactou na primeira metade do século VI, aínda que este tema é obxecto de debate. A acción que narra sitúase nos séculos V-VI.

Foi traducido ó galego por Jorge L. Bueno Alonso directamente dende o anglosaxón e foi publicado polo selo editorial Rinoceronte Editora no ano 2010.[1]

  1. rinoceronte.gal (ed.). "Beowulf en galego". Arquivado dende o orixinal o 07 de marzo de 2021. Consultado o 4 de decembro de 2020. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne