Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1480 (Gregoriano) Bussunarits-Sarrasquette, Francia |
Morte | 1545 (Gregoriano) (64/65 anos) |
Relixión | Catolicismo |
Actividade | |
Ocupación | escritor, ministro, sacerdote católico, poeta |
Xénero artístico | Poesía |
Bernart Etxepare (tamén coñecido como Bernardum Dechepare en latín, Bernat Dechepare, Bernard Detchepare segundo a actual ortografía francesa ou Bernat/Beñat Etxepare segundo a actual ortografía vasca), nado en Sarasketa, cara a 1480, foi un relixioso vasco, autor do primeiro libro coñecido da literatura escrita en éuscaro. A súa única obra, impresa en Bordeos en 1545, titúlase Linguae Vasconum Primitiae.
Etxepare era párroco da igrexa de Saint-Michel-le-Vieux, na localidade de Eyheralarre, preto de Donibane Garazi. O seu lugar de nacemento non se coñece con seguridade, malia barallarse os nomes da mesma Eyheralarre e o doutra vila próxima, Sarasketa. Viviu unha época difícil do reino de Navarra, con enfrontamentos entre a casa de Albret e Carlos I de España. Dun poema autobiográfico incluído no libro de Etxepare parece deducirse que foi partidario de Carlos I, polo que foi enviado á cadea por Xoán II de Albret.