β-Caroteno | |
---|---|
beta,beta-Caroteno | |
1,3,3-Trimetil-2-[3,7,12,16-tetrametil-18-(2,6,6-trimetilciclohex-1-en-1-il)octadeca-1,3,5,7,9,11,13,15,17-nonaen-1-il]ciclohex-1-eno | |
Identificadores | |
Número CAS | 7235-40-7 |
PubChem | 5280489 |
ChemSpider | 4444129 |
UNII | 01YAE03M7J |
Número CE | 230-636-6 |
ChEBI | CHEBI:17579 |
ChEMBL | CHEMBL1293 |
Código ATC | A11 ,ATC-D02-BB01 |
Imaxes 3D Jmol | Image 1 |
| |
| |
Propiedades | |
Fórmula molecular | C40H56 |
Masa molar | 536,87 g mol−1 |
Aspecto | cristais alaranxados escuros |
Densidade | 0,941 g/cm3[3] |
Punto de fusión | 176–184 °C; 349–363 °F; 449–457 K ( decomponse[3][5]) |
Punto de ebulición | 6 547 °C; 11 817 °F; 6 820 K ( a 760 mmHg) |
Solubilidade en auga | Insoluble |
Solubilidade | Soluble en disulfuro de carbono, benceno, cloroformo, alcohol Insoluble n glicerina[2] |
Solubilidade en diclorometano | 4,51 g/kg (20 °C)[4] |
Solubilidade en hexano | 0,1 g/L[3] |
log P | 14,764 |
Presión de vapor | 2,71·10-16 mmHg[3] |
Índice de refracción (nD) | 1,565[3] |
Perigosidade | |
Clasificación da UE | Xn[3] |
Frases R | R20/21/22, R36/37/38, R44 |
Frases S | S7, S15, S18, S26, S36 |
NFPA 704 | |
Punto de inflamabilidade | 103 °C; 217 °F; 376 K |
Se non se indica outra cousa, os datos están tomados en condicións estándar de 25 °C e 100 kPa. |
O β-caroteno [6] é un pigmento natural químico terpenoide fortemente coloreado de laranxa abundante nas plantas e froitos, que intervén na fotosíntese como pigmento secundario captador de luz e é precursor da vitamina A.[7][8] Pertence ao grupo dos carotenos, que son tetraterpenos, biosintetizados a partir de oito moléculas de isopreno e teñen 40 carbonos. Distínguese dos outros carotenos en que ten aneis beta en ambos os extremos da molécula, polo que se chama β,β-caroteno [9]. A estrutura da molécula foi deducida por Karrer et al. en 1930.[10] A absorción do β-caroteno dos alimentos aumenta cando se comen acompañados de graxas, xa que os carotenos son liposolubles. Como ten un esqueleto hidrocarbonado sen grupos funcionais é moi lipófilo.
O caroteno é a substancia que colorea as cenorias de laranxa e é o tipo de caroteno máis común nas plantas. Como é unha molécula con moitos dobres enlaces conxugados está moi coloreada. Cando se usa como colorante alimentario vén indicado nas etiquetas dos produtos como E160a.[11]p119 Na natureza, o β-caroteno é un precursor (forma inactiva) da vitamina A na que se transforma pola acción do encima beta-caroteno 15,15'-monooxixenase.[7] O illamento do β-caroteno das froitas faise xeralmente con columnas de cromatografía. A separación do β-caroteno da mestura doutros carotenoides está baseada na polaridade dun composto. O β-caroteno non é un composto polar, senón hidrófobo, polo que hai que separalo con solventes non polares como o hexano.[12]