β-Endorfina | |
---|---|
![]() | |
![]() | |
L-Tirosilglicilglicil-L-fenilalanil-L-metionil-L-treonil-L-seril-L-glutaminil-L-lisil-L-seril-L-glutaminil-L-treonil-L-prolil-L-leucil-L-valil-L-treonil-L-leucil-L-fenilalanil-L-lisil-L-asparaxinil-L-alanil-L-isoleucil-L-isoleucil-L-lisil-L-asparaxinil-L-alanil-L-tirosil-L-lisil-L-lisilglicil-L-glutamina | |
Identificadores | |
Número CAS | 60617-12-1 |
PubChem | 16132316 |
ChemSpider | 28184601 |
UNII | 3S51P4W3XQ |
ChEBI | CHEBI:10415 |
Ligando IUPHAR | 1643 |
Imaxes 3D Jmol | Image 1 |
| |
| |
Propiedades | |
Fórmula molecular | C158H251N39O46S |
Masa molar | 3.464,98 g mol−1 |
Se non se indica outra cousa, os datos están tomados en condicións estándar de 25 °C e 100 kPa. |
A β-endorfina (beta-endorfina) é un neuropéptido opiáceo endóxeno e hormona peptídica que se produce en certas neuronas dos sistemas nerviosos central e periférico.[1] É unha das tres endorfinas que producen os seres humanos; as outras son a α-endorfina e a γ-endorfina.[2]
Existen múltiples formas de β-endorfinas. A molécula coa secuencia completa Tyr-Gly-Gly-Phe-Met-Thr-Ser-Glu-Lys-Ser-Gln-Thr-Pro-Leu-Val-Thr-Leu-Phe-Lys-Asn-Ala-Ile-Ile-Lys-Asn-Ala-Tyr-Lys-Lys-Gly-Glu (31 aminoácidos) denomínase β-endorfina(1-31) e as variantes truncadas no aminoácido 26 ou 27 chámanse β-endorfina(1-26) e β-endorfina(1-27).[1][3][4] Os primeiros 16 aminoácidos son idénticos aos da α-endorfina. A β-endorfina considérase un dos opiáceos endóxenos e un neuropéptido da clase das endorfinas;[1] todos os péptidos opiáceos endóxenos establecidos conteñen a mesma secuencia de aminoácidos N-terminal, Tyr-Gly-Gly-Phe, seguida de -Met ou -Leu.[1]
A función da β-endorfina está asociada coa fame, emocións, dor, coidados maternos, comportamento sexual e sistema de recompensa. No senso máis amplo, a β-endorfina utilízase principalmente no corpo para reducir o estrés e manter a homeostase. En investigacións do comportamento, atopouse que a β-endorfina é liberada por transmisión de volume no sistema ventricular en resposta a unha variedade de estímulos, e en particular a estímulos novos.[5]
Os péptidos opiáceos
A β-endorfina (tamén unha hormona da pituitaria) ...
Os péptidos opíáceos son codificados por tres xenes. Estes precursores comprenden o POMC, do cal derivan o péptido opiáceo β-endorfina e varios péptidos non opiáceos, como se tratou anteriormente; a proencefalina, da cal derivan a met-encefalina e a leu-encefalina; e a prodinorfina, que é o precursor da dinorfina e péptidos relacionados. Aínda que proceden de diferentes precursores, os péptidos opìáceos comparten unha identidade significativa na secuencia de aminoácidos. Concretamente, todos os opiáceos endóxenos ben validados conteñen os mesmos catro aminoácidos N-terminais (Tyr-Gly-Gly-Phe), seguidos de Met ou Leu ... Entre os péptidos opiáceos endóxenos, a β-endorfina únese preferentemente a receptores μ. ...
Secuencias de péptido opiáceo compartidas. Aínda que varían en lonxitude desde só cinco aminoácidos (encefalinas) a 31 (β-endorfina), os péptidos opiáceos endóxenos mostrados aquí conteñen unha secuencia N-terminal compartida seguida de Met ou Leu.