Bette Davis

Modelo:BiografíaBette Davis

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Ruth Elizabeth Davis Editar o valor en Wikidata
5 de abril de 1908 Editar o valor en Wikidata
Lowell, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte6 de outubro de 1989 Editar o valor en Wikidata (81 anos)
Neuilly-sur-Seine (Francia) Editar o valor en Wikidata
Causa da mortecancro de mama Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaForest Lawn Memorial Park Editar o valor en Wikidata
EducaciónCushing Academy (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónautobiógrafa, actriz de televisión, actriz, actriz de cinema, actor de xénero, actriz de teatro, música Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1929 Editar o valor en Wikidata - 1989 Editar o valor en Wikidata
EmpregadorWarner Bros. Editar o valor en Wikidata
RepresentanteMusic Corporation of America, Inc. Editar o valor en Wikidata
Selo discográficoMGM Records Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeGary Merrill (1950–1960)
William Grant Sherry (1945–1950) Editar o valor en Wikidata
FillosB. D. Hyman
 () William Grant Sherry Editar o valor en Wikidata
PaisHarlow Morrell Davis Editar o valor en Wikidata  e Ruth Augusta 'Ruthie' Favor Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteGrande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Дейвис Бетт)
Obálky knih, Editar o valor en Wikidata
Sitio webbettedavis.com Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0000012 Allocine: 994 Rottentomatoes: celebrity/bette_davis Allmovie: p17295 20235 Metacritic: person/bette-davis TV.com: people/bette-davis IBDB: 37447
Facebook: BetteDavis BNE: XX1044336 iTunes: 15865924 Last fm: Bette Davis Musicbrainz: c340b14b-f290-4354-8736-16271d67a378 Songkick: 170478 Discogs: 907696 WikiTree: Davis-27448 Find a Grave: 258 Editar o valor en Wikidata

Ruth Elizabeth "Bette" Davis, nada en Lowell, Massachusetts o 5 de abril de 1908 e finada en Neuilly-sur-Seine, Francia o 6 de outubro de 1989, foi unha actriz de cinema, televisión e teatro estadounidense. Destacada pola súa boa disposición para interpretar personaxes antipáticos, era altamente estimada polas súas actuacións que abarcaban unha ampla gama de xéneros cinematográficos, desde melodramas a filmes históricos e ocasionalmente, comedias, aínda que os seus maiores éxitos ocorreron en dramas románticos.

Logo de aparecer en obras de teatro de Broadway,[1] Davis trasladouse a Hollywood en 1930, pero os seus primeiros filmes para Universal Studios tiveron pouca aceptación.[2] Incorporouse a Warner Bros. en 1932 e fortaleceu a súa carreira con varias actuacións aclamadas pola crítica. En 1937, intentou liberarse do seu contrato e aínda que perdeu un procedemento legal moi publicitado,[3] deu inicio ao período máis exitoso da súa carreira. Ata finais dos anos de 1940, foi unha das actrices do cine norteamericano máis importantes,[4] recoñecida polo seu desenvolvemento apaixonado e decidido. Davis gañouse a reputación de ser unha perfeccionista que podía ser moi combativa e a miúdo, fixéronse públicos os seus enfrontamentos con executivos dos estudos, directores de cine e co protagonistas.[5][6] O seu xeito directo, o seu estilo vocal entrecortado e o seu cigarro ubicuo contribuíron a forxar unha imaxe pública que a miúdo foi imitada e satirizada.[7]

Davis foi co fundadora da Cantina de Hollywood,[8] e foi a primeira muller presidente da Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas.[9] Obtivo o premio da Academia como Mellor Actriz en dúas ocasións, en 1935 co filme Dangerous e en 1938 co filme Jezebel, foi a primeira persoa en alcanzar 10 candidaturas aos Oscar polas súas actuacións, e foi a primeira muller en recibir o premio á Traxectoria do American Filme Institute.[10] A súa carreira pasou por varios períodos de declive e catástrofes persoais. Casada en catro ocasións, viúva unha vez e divorciada outras tres,[11] criou os seus fillos practicamente como nai solteira. Os seus últimos anos estiveron marcados por un longo período de mala saúde, pero continuou actuando ata pouco antes da súa morte por cancro de mama, con máis de 100 películas, ciclos televisivos e obras teatrais no seu haber. En 1999, Davis foi seleccionada como a segunda mellor actriz de todos os tempos na lista do American Filme Institute, soamente precedida por Katharine Hepburn.[12]

  1. Davis, Bette (18 de outubro de 1938). "Bette Davis at 10 played role of Santa, was severely burned". The Milwaukee Journal (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 17 de outubro de 2019. Consultado o 24/11/2013. 
  2. «Bette Davis Biography Arquivado 07 de marzo de 2013 en Wayback Machine.» (en inglés) Bio Channel. Consultado o 8/11/2014.
  3. Sperling, Millner, e Warner, p. 219-221
  4. Ringgold (1966), p. 65
  5. Guiles (1995), p. 186
  6. Spada (1993), pp. 198–200
  7. Bochynski.com (ed.). "Charles Pierce as Bette Davis" (en inglés). Consultado o 15 de xaneiro de 2013. 
  8. «The History of "The Hollywood Canteen" Arquivado 29 de xaneiro de 2016 en Wayback Machine.» (en inglés) Hollywood Canteen. Consultado o 11 de xaneiro de 2013.
  9. "History of the Academy". oscar.org (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 05 de xuño de 2011. Consultado o 14 de agosto de 2013. 
  10. «Awards for Bette Davis» (en inglés) IMDb.com. Consultado o 13 de xaneiro de 2013.
  11. «Biography for Bette Davis» (en inglés) IMDb.com. Consultado o 8 de xaneiro de 2013.
  12. "AFI recognizes the 50 greatest American screen legends". AFI.com (en inglés). 2009. Arquivado dende o orixinal o 25/10/2014. Consultado o 24/11/2013. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne