Beyond Skyline | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Beyond Skyline |
Director | Liam O'Donnell |
Produtor |
|
Guión | Liam O'Donnell |
Baseado en | Personaxes de Joshua Cordes Liam O'Donnell |
Intérpretes | |
Música | Nathan Whitehead |
Fotografía | Christopher Probst |
Montaxe | Sean Albertson Banner Gwin |
Estudio | Hydraulx North Hollywood Films Infinite Frameworks Studios Mothership Pictures |
Distribuidora | Vertical Entertainment |
Estrea | TADFF: 14 de outubro de 2017![]() |
Duración | 105 minutos |
Orixe | ![]() |
Xénero | Acción e ciencia ficción |
Orzamento | 20 millóns de dólares[1] |
Recadación | 992 181 dólares[2] |
Filme anterior | Skyline |
Filme seguinte | Skylines |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Beyond Skyline é un filme estadounidense de 2017 escrito, coproducido e dirixido por Liam O'Donnell. Está protagonizado por Frank Grillo, Bojana Novakovic, Jonny Weston, Iko Uwais, Callan Mulvey, Yayan Ruhian, Pamelyn Chee, Betty Gabriel e Antonio Fargas. É a secuela do filme de 2010 Skyline, ambientado simultaneamente aos acontecementos do primeiro filme.
Estreouse nos cinemas dos Estados Unidos o 15 de decembro de 2017 a través de Vertical Entertainment. A diferenza do seu antecesor, que foi duramente criticado, Beyond Skyline recibiu valoracións dispares, sendo considerado por varios críticos como unha mellora respecto ao orixinal.