Biblioteca Nacional de Portugal | |
---|---|
Tipo | biblioteca nacional e biblioteca pública |
Data de fundación | 29 de febreiro de 1796 |
Fundador(es) | María I de Portugal |
Organización matriz | Governo da República Portuguesa e Ministério da Cultura |
Organización subsidiaria | Biblioteca Pública de Évora |
Sede | Alvalade |
Enderezo | Campo Grande 83, 1749-081 Lisboa |
País | Portugal |
38°45′04″N 9°09′09″O / 38.75108, -9.152573 | |
Na rede | |
http://www.bnportugal.gov.pt/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
A Biblioteca Nacional de Portugal é unha biblioteca localizada en Lisboa, Portugal, que reúne unha ampla colección de documentos e publicacións portugueses. Foi creada o 29 de febreiro de 1796, co nome de Real Biblioteca Pública da Corte, co obxectivo de poñer todos os fondos da Biblioteca Real á disposición de todos os usuarios o máis rapidamente posible, a diferenza da tendencia europea da época, que consistía en restrinxir a consulta os documentos tan só a un público selecto de eruditos. O edificio actual foi inaugurado en 1969, obra de Porfírio Pardal Monteiro. A Biblioteca Nacional de Portugal ten tamén a misión de reunir todas as obras publicadas no territorio portugués, mediante a política de depósito legal, ademais de adquirir obras consideradas especialmente importantes polo seu valor bibliográfico ou cultural.
A Biblioteca está a adaptar os seus fondos ás novas tecnoloxías, co obxectivo de ofrecer unha maior facilidade de acceso aos documentos a través de Internet. De feito, esta biblioteca atópase entre as entidades fundadoras de The European Library.