![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 13 de decembro de 1918 ![]() Fresno, Estados Unidos de América ![]() |
Morte | 30 de maio de 1955 ![]() Circuíto de Indianápolis, Estados Unidos de América ![]() |
Actividade | |
Ocupación | piloto de Fórmula Un, piloto de motociclismo, piloto de automobilismo ![]() |
Deporte | automobilismo Motociclismo ![]() |
Premios | |
![]() ![]() ![]() |
William "Bill" Vukovich (Serbio: Bil Vuković, Бил Вуковић), nado o 13 de decembro de 1918 en Fresno (California), e finado o 30 de maio de 1955 en Indianápolis, foi un piloto serbio-americano de carreiras de automóbiles. Gañou as 500 Millas de Indianápolis de 1953 e 1954, máis outras dúas carreiras do campionato nacional da American Automobile Association. Varios pilotos da súa xeración referíronse a Vukovich como o piloto máis grande xamais visto no automobilismo estadounidense.[1]
Era coñecido indistintamente como "Vuky" ou "O Tolo ruso" (malia que detestaba ese nome, porque a súa ascendencia era iugoslava) polo seu estilo intenso de condución, así como o "Serbio mudo " pola súa fría actitude.[2] Tamén se lle coñece como o "Fresno flash" nos anuarios da Indy de Floyd Clymer.