Billete de 5 euros |
---|
|
O billete de 5 euros é o billete da serie do euro co valor facial máis baixo, posto en circulación desde a introdución do euro como moeda da Eurozona en 2002.
Este billete utilízase nos 25 países que teñen o euro como moeda única, cunha poboación de arredor de 343 millóns de persoas. En decembro de 2022, había uns 2.124.000.000 billetes de 5 euros en circulación na Eurozona. É o quinto valor facial con máis presenza na circulación e representa o 7,2 % do papel moeda en uso.[3]
É tamén o billete de menor tamaño do sistema, cunhas medidas de 120 × 62 mm, e a súa cor característica é gris azulada.
Os billetes de 5 euros representan en ambs as súas faces pontes e arcos ou portas da arquitectura clásica grecorromana. Conteñen ademais varios elementos de seguridade complexos, como marcas de auga, tinta invisible, hologramas e microimpresión, que acreditan a súa autenticidade.
O billete de 5 euros correspondente á segunda serie, coñecida como "Europa", foi anunciado o 3 de abril de 2013 e entrou en circulación o 2 de maio dese mesmo ano.[4]