Billete de 10 euros |
---|
|
O billete de 10 euros é o segundo billete da serie do euro co valor facial máis baixo, posto en circulación desde a introdución do euro como moeda da Eurozona en 2002.
Este billete utilízase nos 25 países que teñen o euro como moeda única, cunha poboación de arredor de 343 millóns de persoas. En decembro de 2022, había uns 3.010.000,000 billetes de 10 euros en circulación na Eurozona. É o cuarto valor facial con máis presenza na circulación e representa o 10,2 % do papel moeda en uso.[3]
É tamén o segundo billete de menor tamaño, cunhas medidas de 127 × 67 mm, e a súa cor característica é avermellada.
Os billetes de 10 euros representan en ambas as súas faces pontes e arcos ou portas da arquitectura románica (séculos XI e XII). Conteñen ademais varios elementos de seguridade complexos, como marcas de auga, tinta invisible, hologramas e microimpresión, que acreditan a súa autenticidade.
O billete de 10 euros correspondente á segunda serie, coñecida como "Europa", foi anunciado o 13 de xaneiro de 2014 e entrou en circulación o 23 de setembro dese mesmo ano.[4]