Binn Ghulbain[1][2] é unha montaña tabular de 526 m de altura[3] no condado de Sligo, en Irlanda. Tamén é coñecida polo seu nome en inglés Benbulbin, e ás veces tamén Ben Bulben ou Benbulben. Forma parte das montañas Dartry e atópase nunha zona coñecida tamén como "o país de Yeats". Binn Ghulbain é un espazo protexido do condado de Sligo.
- ↑ logainm.ie (ed.). "Binn Ghulbain". Consultado o 11 de marzo de 2016.
- ↑ maps.osi.ie (ed.). "Binn Ghulbain". Arquivado dende o orixinal o 13 de febreiro de 2011. Consultado o 11 de marzo de 2016.
- ↑ "Benbulbin - Binn Ghulbain". Consultado o 11 de marzo de 2016.