Black metal

Black metal
Orixe musicalNWOBHM, speed metal, thrash metal
Orixe culturalEscandinavia e o Reino Unido a principios dos 80
Instrumentos típicosvoz, guitarra, baixo e batería
Un recurso habitual no black metal é o uso de pintura corporal.

O black metal é un xénero musical que parte do heavy metal e ten as súas orixes en Inglaterra a mediados dos oitenta, mais o seu desenvolvemento lévase a cabo a principios dos noventa en Noruega. Con características musicais tales como o minimalismo instrumental, voces guturais rachadas, baterías aceleradas e guitarras agudas.

Nos seus comezos era un sinónimo de Satanic metal[1], o black metal é coñecido a miúdo con hostilidade dende a cultura xeral, debido ás accións e ás ideoloxías asociadas con el. Moitos artistas expresan extremos anti-cristiáns e visións misantrópicas, defendendo varias formas de Satanismo ou paganismo étnico.

  1. McIver, Joel (2009). Justice for All - The Truth About Metallica (updated ed.). Omnibus Press. Consultado o 4 de setembro de 2012. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne