Blackburn Roc | |
---|---|
![]() | |
Tipo | caza embarcado |
Fabricante | Blackburn Aircraft Boulton Paul |
Primeiro voo | 23 de decembro de 1938 |
Introducido | abril de 1939 |
Retirado | 1943 |
Principais usuarios | Royal Navy |
Unidades construídas | 136 |
O Blackburn Roc foi un caza embarcado británico usado pola Fleet Air Arm durante a Segunda guerra mundial e deseñado por Blackburn Aircraft Ltd. Recibiu o seu nome do paxaro mitolóxico dos contos das mil e unha noites, o Roc. Derivado do Blackburn Skua e desenvolvido en paralelo, o Roc tiña o seu armamento nunha torreta. O Roc chegou a ser visto como inferior aos avións existentes como o Skua e o tipo só operou brevemente en primeira liña de servizo.