Blade Runner 2049 | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Blade Runner 2049 |
Director | Denis Villeneuve |
Produtor | |
Guión | |
Baseado en | Soñan os androides con ovellas eléctricas? de Philip K. Dick |
Intérpretes | |
Música | |
Fotografía | Roger Deakins |
Montaxe | Joe Walker |
Estudio |
|
Distribuidora | Warner Bros. (América do Norte) |
Estrea | Dolby Theatre: 3 de outubro de 2017 6 de outubro de 2017 28 de novembro de 2024 (TVG) |
Duración | 163 minutos[2] |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Ciencia ficción, cyberpunk, cinema negro |
Orzamento | 150 000 000 $[3][4][5] |
Recadación | 158 600 000 $[5] |
Na rede | |
http://bladerunnermovie.com | |
|
Blade Runner 2049 é un filme estadounidense de ciencia ficción, cyberpunk e cinema negro dirixido por Denis Villeneuve e escrito por Hampton Fancher e Michael Green.[6] É unha secuela do filme de 1982 Blade Runner, e está protagonizado por Ryan Gosling e Harrison Ford, xunto con Ana de Armas, Sylvia Hoeks, Robin Wright, Mackenzie Davis, Carla Juri, Lennie James, Dave Bautista e Jared Leto nos papeis secundarios. Ambientado trinta anos despois dos eventos do filme orixinal, conta a historia dun humano creado por bioenxeñaría chamado K, que descobre os restos dunha replicante que estivo embarazada, o cal é imposible. Para previr unha posible guerra entre os replicantes e os humanos, K debe atopar ó fillo desa replicante e destruír calquera proba relacionada con el.
A fotografía principal do filme realizouse en Budapest, Hungría entre xullo e novembro de 2016. Blade Runner 2049 estreouse nos Ánxeles o 3 de outubro de 2017 e nos Estados Unidos o 6 de outubro de 2017, en 2D, 3D e IMAX.[7][8][9][10]
Estreouse en galego o 28 de novembro de 2024 a través da TVG.[11]