Blancanieves | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Blancanieves |
Director | Pablo Berger |
Produtor | Ibon Cormenzana Jérôme Vidal Pablo Berger |
Guión | Pablo Berger |
Intérpretes | Maribel Verdú Macarena García Ángela Molina José María Pou Daniel Gimenez Cacho |
Música | Alfonso Vilallonga |
Fotografía | Kiko de la Rica |
Montaxe | Fernando Franco García |
Estudio | Arcadia Motion Pictures Nix Films Sisifo Films Noodles Production The Kraken Films |
Distribuidora | Wanda (España) Cohen Media Group (USA) |
Estrea | Festival de Toronto: 8 de setembro de 2012 España: 28 de setembro de 2012 |
Duración | 105 minutos |
Orixe | España |
Xénero | Drama, fantasía |
Na rede | |
http://www.blancanieves.es/ | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Blancanieves é un filme español dirixido por Pablo Berger que se estreou no 2012. Baséase no conto de Brancaneves dos Irmáns Grimm, e a historia está ambientada nunha visión romántica da Andalucía da década de 1920. Imita o estilo narrativo do cine mudo, con fotografía en branco e negro e a música como elemento condutor.[1]
Presentada na Sección Oficial do Festival Internacional de Cine de San Sebastián, foi ademais o filme seleccionado para os 85ª edición dos Oscar na categoría de mellor filme en lingua non inglesa e para os Premios Ariel, gañando este último.