Blind Melon | |
---|---|
![]() | |
Orixe | Os Ánxeles, California, ![]() |
Período | 1990 - 1999 2006 - 2008 2010 - presente |
Xénero(s) | rock alternativo, folk rock, rock psicodélico, rock de raíces, blues rock, grunge |
Selo(s) discográfico(s) | EMI, Capitol Records |
Membros | Rogers Stevens Christopher Thorn Glen Graham Travis Warren Nathan Towne |
Antigos membros | Shannon Hoon Brad Smith |
Artistas relacionados | Unified Theory, Awolnation, Abandon Jalopy |
Na rede | |
blindmelon.com | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Blind Melon é unha banda estadounidense de rock alternativo formada no ano 1990 nos Ánxeles, California por tres músicos de Mississippi, un de Pensilvania e un de Indiana. No presente o grupo está composto polos guitarristas Rogers Stevens e Christopher Thorn, o batería Glen Graham, o vocalista Travis Warren e o baixista Nathan Towne. A banda é principalmente coñecida polo seu éxito de 1993 "No Rain", e tivo éxito tanto de crítica como comercial a principios dos anos 90 co seu rock alternativo con toque de neo-psicodelia.
Blind Melon publicou dous álbums a través do selo Capitol Records, Blind Melon (1992) e Soup (1995), antes de que o seu vocalista orixinal, Shannon Hoon, morrese dunha sobredose de drogas no autobús de xira da banda o día 21 de outubro de 1995 en Nova Orleáns. Despois de catro anos intentando buscar un substituto para Hoon, Blind Melon disolveouse oficialmente en 1999. O resto dos membros reformaron o grupo en 2006 con Travis Warren e gravaron un álbum con el, For My Friends (2008). Pouco despois do seu lanzamento Warren deixou Blind Melon pero volveu a unirse en 2010, cando a banda comezou a realizar concertos ocasionalmente. Blind Melon está traballando no seu cuarto álbum, que está previsto para o ano 2020.[1][2][3]