Nome | Auckland Blues | |
---|---|---|
Fundación | 1996 | |
Sede | Auckland | |
Estadio(s) | Eden Park | |
Capacidade | 50.000 espectadores | |
Adestrador | Leon MacDonald | |
Capitán | Patrick Tuipulotu | |
Liga(s) | Super Rugby | |
SR Aotearoa | en xogo | |
| ||
Na rede | ||
https://blues.rugby/ | ||
Os Blues (chamados Auckland Blues ata 1999) son un equipo de rugby da cidade de Auckland, en Nova Zelandia. Foi fundado en 1996 cando se creou o Super 12 como máxima competición profesional de rugby no hemisferio sur. Dende entón o equipo alcanzou catro veces a final do torneo, saíndo campión en tres ocasións (1996, 1997 e 2003).
En 2020 a franquía pertence nun 60% a un consorcio chamado Rugby Holdings que está formado polas tres federacións locais do norte da illa: Northland Rugby Union, North Harbour Rugby Union e Auckland Rugby Union. O restante 40% pertenceu entre 2013 e 2018 a un investidor de capital privado llamado Bolton Equities, pero dende 2018 pertence de novo á federación nacional New Zealand Rugby que recuperou a súa participación por mor da mala xestión económica e deportiva dos últimos anos.[1][2]