Bob's Burgers | |
---|---|
![]() | |
Xénero | sitcom animada animación de adultos |
Creado por | Loren Bouchard |
Intérpretes | H. Jon Benjamin Dan Mintz Eugene Mirman Larry Murphy John Roberts Kristen Schaal |
Tema de apertura | "Bob's Burgers Theme" |
País de orixe | ![]() |
Lingua(s) | inglés |
Temporadas | 15 |
Episodios | 286 |
Produción | |
Produtor(es) executivo(s) | Loren Bouchard Jim Dauterive Nora Smith Dan Fybel Rich Rinaldi Jon Schroeder Steven Davis Scott Jacobson Holly Schlesinger Lizzie Molyneux-Logelin & Wendy Molyneux Kelvin Yu |
Produtor(es) | Bernard Derriman |
Duración | 20-22 minutos |
Na rede | |
http://www.fox.com/bobsburgers/ | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Bob's Burgers é unha sitcom animada estadounidense creada por Loren Bouchard para a Fox Broadcasting Company. Está centrada na familia Belcher, composta polo matrimonio formado por Bob e Linda e os seus tres fillos Tina, Gene e Louise, que rexenta unha hamburguesería e viven aventuras de moitos tipos. O programa estreouse o 9 de xaneiro de 2011 e foi concibido por Bouchard despois de desenvolver a serie Home Movies. Bob's Burgers está producida por Wilo Productions e Buck & Millie Productions en asociación con 20th Television Animation. A serie está animada por Bento Box Entertainment.
Aínda que as críticas para a primeira tempada foron mixtas, as recensións para as tempadas posteriores foron máis positivas. O capítuo de estrea, "Human Flesh", tivo 9,30 millóns de espectadores, converténdose na estrea de serie máis valorada da tempada e quedando novena nas clasificacións da semana na que se emitiu.[1][2] Dende ent¡on, a serie medrou sendo un éxito cultural e da crítica. En 2013 TV Guide clasificou a Bob's Burgers como un dos 60 mellores debuxos animados de TV de todos os tempos.[3] A serie foi nomeada para varios premios, incluído o premio Emmy ao mellor programa de animación once veces consecutivas (2012-2022), gañándoo en 2014 e 2017. As repeticións comezaron a emitirse nos bloques de programación de Adult Swim, da cadea Cartoon Network, o 23 de xuño de 2013, e ACME Night a partir de 2021,[4] e comezou a emitirse en sindicación nas emisoras locais en setembro de 2015.
A series foi renovada para as súas décimo cuarta e décimo quinta tempadas.[5][6] Unha longametraxe estreouse nos cines o 27 de maio de 2022,[7] e en setembro de 2014 apareceu unha serie de cómics baseada no programa publicada por Dynamite Entertainment.[8] O 12 de maio de 2017 publicouse un álbum coa banda sonora a través de Sub Pop Records,[9] cun segundo volume lanzado o 20 de agosto de 2021.[10]