Boeing 720 | |
---|---|
Fabricante | Boeing Commercial Airplanes |
Primeiro voo | 23 de novembro de 1959 |
Introducido | 5 de xullo de 1960 |
Retirado | 29 de setembro de 2010 |
Produción | 1958 - 1967 |
Unidades construídas | 154 |
O Boeing 720 é un avión de pasaxeiros de fuselaxe estreita fabricado por Boeing Commercial Airplanes. Foi anunciado en xullo de 1957 como un derivado do Boeing 707 para voos máis curtos dende pistas máis pequenas. O 720 voou por vez primeira o día 23 de novembro de 1959, foi certificado o 30 de xuño de 1960 e entrou en servizo con United Airlines o 5 de xullo dese ano. Fabricáronse un total de 154 Boeing 720 e 720B ata 1967.[1] Como derivado do 707, o 720 tivo poucos custos de desenvolvemento, permitíndolle ser rendable a pesar das súas poucas vendas.[2]
Comparado co 707-120, medía 2,7 m menos, tiña unha á modificada e unha estrutura máis lixeira para un menor peso máximo de engalaxe. Deseñouse orixinalmente para levar catro turborreactores Pratt & Whitney JT3C e o modelo inicial tiña un alcance de 5 200 km cunha capacidade de 131 pasaxeiros en dúas clases. O reconfigurado 720B, con turboventiladores JT3D, voou por primeira vez o 6 de outubro de 1960, e entrou en servizo en marzo de 1961. Podía levar a 156 pasaxeiros nunha clase a 5 900 km de distancia. Algúns 720 foron despois convertidos a 720B. Foi sucedido polo trirreactor Boeing 727. O 720 é o único reactor de pasaxeiros de Boeing que non segue o esquema "7x7" no seu nome.
A súa á modificada posteriormente foi engadida aos 707-120B e aos 707-120 adaptados ao estándar B.[3]