B-50 Superfortress | |
---|---|
Tipo | bombardeiro estratéxico |
Fabricante | Boeing |
Primeiro voo | 25 de xuño de 1947 |
Introducido | 1948 |
Retirado | 1965 |
Estado | retirado |
Principais usuarios | USAF |
Produción | 1947-1953 |
Unidades construídas | 370 |
O Boeing B-50 Superfortress foi un bombardeiro estratéxico estadounidense deseñado a partir do Boeing B-29 Superfortress. Foi equipado cun máis potentes motores Pratt & Whitney R-4360, unha estrutura máis resistente, unha deriva máis alta e outras melloras. Foi o derradeiro bombardeiro con motores de pistóns deseñado por Boeing para a Forza Aérea dos Estados Unidos. A pesar de non ser tan coñecido como o seu predecesor, o B-50 estivo en servizo coa B-50 durante case 20 anos.
Despois de que o seu principal cometido rematase no SAC (Mando Aéreo Estratéxico), as fuselaxes dos B-50 foron modificadas para servir como avións de repostaxe para o Mando Aéreo Táctico (KB-50) e como avións meteorolóxicos para o Servizo Meteorolóxico Aéreo (WB-50). Estas versións serían retiradas en marzo de 1965 debido á fatiga do metal e á corrosión atopadas nos restos do of KB-50J 48-065, que tivo un accidente o 14 de outubro de 1964.