Boeing E-3 Sentry | |
---|---|
![]() E-3 Sentry da USAF | |
Tipo | sistema de alerta temperá e control aerotransportado |
Fabricante | Boeing, Westinghouse Electric (radar) |
Primeiro voo | 9 de febreiro de 1972 |
Introducido | marzo de 1977 |
Estado | activo |
Principais usuarios | USAF OTAN RAF |
Unidades construídas | 68 |
O Boeing E-3 Sentry é un avión deseñado como sistema de alerta temperá e control aerotransportado (AWACS nas súas siglas en inglés) desenvolvido por Boeing como principal contratante. O E-3 deriva do Boeing 707, e realiza labores de vixilancia todo-tempo, mando, control e comunicacións, sendo usado pola Forza Aérea dos Estados Unidos, a OTAN, a Royal Air Force, a Forza Aérea de Francia e a Forza Aérea de Arabia Saudita. Distínguese polo chamativo cúpula rotatoria do radar situada sobre a fuselaxe. A súa fabricación rematou en 1992 despois de que se producisen 68 avións.
A mediados dos anos 60 a USAF estaba buscando un avión para substituír o seu modelo de pistóns Lockheed EC-121 Warning Star, que levaba en servizo ao redor dunda década. Despois de emitir contratos de traballo reeliminares a trs compañías, a USAF elixiu a Boeing para fabricar dúas fuselaxes para probar os radares de Westinghouse Electric e Hughes. Ámbolos dous radares usaban tecnoloxía de pulsos Doppler, sendo o deseño de Westinghouse o gañador do contrato. As probas no primeiro E-3 de produción iniciáronse en outubro de 1975.
O primeiro E-3 da USAF foi entregado en marzo de 1977, e durante os seguintes sete anos fabricáronse un total de 34 unidades. A OTAN, como entidade única, tamén tivo 18 unidades, con base en Alemaña. O E-3 tamén foi vendido ao Reino Unido (7), a Francia (4) e a Arabia Saudita (5 máis 8 avións de repostaxe en voo derivados do E-3). En 1991, cando foi entregada a derradeira unidade, os E-3 participaron na Operación Treboada do deserto, xogando un papel crucial dirixindo os avións da Coalición contra o inimigo. Durante a vida útil do avión realizáronse numerosas actualizacións para mellorar as súas capacidades. En 1996 Westinghouse Electric foi mercada por Northrop ates de ser rebautizada como Northrop Grumman Electronic Systems, que é a compañía que hoxe en día se engarga dos radares do E-3.