Bohemian Rhapsody

"Bohemian Rhapsody"
Canción de Queen
Lanzamento 1975
Formato Sinxelo, incluído no disco LP A Night at the Opera
Gravada
Xénero musical rock sinfónico
Lingua(s) inglés
Duración 5:55
Discográfica
Produtor(es) Roy Thomas Baker
Escritor(es) Freddie Mercury, arranxos por Bryan May e demais membros de Queen
Miscelanea {{{miscelanea}}}

"Bohemian Rhapsody" é unha canción composta en 1975 por Freddie Mercury, integrante da banda británica Queen, e incluída no seu álbum A Night at the Opera.[1] Esta canción non posúe refrán,[2] e consta de tres partes principais: un segmento de balada que acaba cun solo de guitarra, unha pasaxe operística e unha sección de hard rock. Nela, Freddie Mercury, Roger Taylor e Brian May cantan respectivamente nas tesituras media, aguda e grave. May toca a guitarra, Taylor toca a batería, o tímpano e o gong, e John Deacon toca o baixo eléctrico.[3]

Cando se lanzou como single, "Bohemian Rhapsody" converteuse nun éxito comercial: mantívose no cumio da UK Singles Chart durante nove semanas e vendeu máis dun millón de copias ata a fin de xaneiro de 1976.[4] Tamén chegou ao número un das listas en diversos mercados, como Canadá, Australia, Nova Zelandia, Irlanda e os Países Baixos.[5][6][7]

O sinxelo foi complementado cun vídeo promocional, innovador para a época, e popularizou o uso de videoclips para o lanzamento de sinxelos.[8] Ademais, foi considerado o marco inicial da “era da MTV”.[9] Malia a inicial división da crítica, especialmente nos Estados Unidos,[10] "Bohemian Rhapsody" continúa a ser unha das composicións máis populares de Queen.[11] A revista Rolling Stone colocouna no posto 163 da súa lista The 500 Greatest Songs of All Time e considerou o seu solo de guitarra como o vixésimo mellor solo de todos os tempos.[12]

  1. "A Night at the Opera". Arquivado dende o orixinal o 27 de marzo de 2011. Consultado o 23 de xaneiro de 2012. 
  2. "Bohemian Rhapsody em 3º dentre as 25 musicas que mudaram o mundo". Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2012. Consultado o 24 de xaneiro de 2012. escrita por Freddie Mercury e não tem refrão 
  3. Cunningham 1995.
  4. Hodkinson 2004, p. 194.
  5. "Shmoop: Bohemian Rhapsody". Arquivado dende o orixinal o 05 de marzo de 2012. Consultado o 3 de febreiro de 2012. 
  6. "Top Singles". Consultado o 23 de xaneiro de 2012. 
  7. "Top Singles - Holanda". Consultado o 23 de xaneiro de 2012. 
  8. Sobre o papel e tarefas de um produtor. J Muikku – Popular Music and Society, 1990
  9. Heatley 2008, p. 109.
  10. BBC 2004b.
  11. "Greatest Hits". Consultado o 23 de xaneiro de 2012. ...two of Queen's most famous songs, "Bohemian Rhapsody" and "Under Pressure" 
  12. "Os 100 melhores solos de guitarra". Rolling Stone. Arquivado dende o orixinal o 07 de xullo de 2011. Consultado o 11 de xaneiro de 2011. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne