Bombardeo de Gernika

Bombardeo de Gernika
Guerra Civil Española

Tipobombardeo aéreo dunha cidade Editar o valor en Wikidata
ResultadoIncendio e destrución da cidade
LocalizaciónGernika, Biscaia
Coordenadas43°19′00″N 2°40′00″O / 43.31667, -2.66667
Wikidata ]

O bombardeo de Gernika, realizado o 26 de abril de 1937, foi un ataque aéreo á vila vasca de Gernika durante a Guerra Civil Española. O ataque, lanzado por avións alemáns da Lexión Cóndor e italianos da Aviazione Legionaria, causou gran cantidade de vítimas civís e destruíu boa parte da vila. A incursión foi bautizada co nome de Operación Rügen.

O número de vítimas do ataque está en disputa; o goberno vasco falou de 1.654 persoas mortas,[Cómpre referencia] pero especulacións modernas suxiren que morreron entre 200 e 400 civís.[Cómpre referencia] Arquivos rusos revelan 800 mortes o 1 de maio de 1937, pero esta cifra non inclúe ás vítimas que morreron posteriormente nos hospitais polas feridas sufridas, ou a daqueles corpos atopados baixo os cascallos.[Cómpre referencia] O bombardeo foi considerado unha das primeiras incursións aéreas na historia da aviación moderna contra unha poboación indefensa,[Cómpre referencia] e foi denunciado como un acto terrorista,[Cómpre referencia] a pesar de que Madrid fora bombardeada varias veces con anterioridade durante a guerra. O bombardeo inspirou o cadro máis famoso de Pablo Picasso, o Guernica.


From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne