Bombardier CRJ200 | |
---|---|
![]() CRJ-200 de Air Nostrum no aeroporto de Santiago de Compostela | |
Tipo | rexional/negocios |
Fabricante | Bombardier Aerospace |
Primeiro voo | 10 de maio de 1991 |
Introducido | 1992 |
Unidades construídas | 1.021 |
Os Bombardier CRJ100 e Bombardier CRJ200 son unha familia de avións rexionais fabricados por Bombardier, e baseados no reactor de negocios Canadair Challenger.
Cara agosto de 2006 un total de 938 CRJ100 e CRJ200 (de todas as variantes) estaban en servizo, con 8 ordes en firme. Os principais operadores do avión son Air Nostrum (35), Air Wisconsin (70), Atlantic Southeast Airlines (110), Comair (40), Jazz Aviation (43), Lufthansa CityLine (26), Mesa Airlines (60), Mesaba Airlines (19), Pinnacle Airlines (145), PSA Airlines (35), Republic Airways Holdings (20) e SkyWest Airlines (159). Outras 20 aeroliñas operan pequenos números do modelo.