Bonaire (nl) Boneiru (pap) | |||||
Himno | Tera di Solo y suave biento (pt) | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
| |||||
Estado | Reino dos Países Baixos | ||||
País | Países Baixos | ||||
Exclave de | Países Baixos | ||||
Capital de | |||||
Capital | Kralendijk | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 24.090 (2023) (83,65 hab./km²) | ||||
Lingua oficial | lingua neerlandesa Papiamento | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 288 km² | ||||
Altitude | 241 m | ||||
Creación | 10 de outubro de 2010 | ||||
Organización política | |||||
• Xefe de estado | Lydia Emerencia Guillerme Alexandre de Orange-Nassau | ||||
• Xefe do goberno | Guillerme Alexandre de Orange-Nassau | ||||
Órgano lexislativo | Island Council of Bonaire (en) , | ||||
Moeda | dólar estadounidense | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
Dominio de primeiro nivel | .bq e .nl | ||||
Prefixo telefónico | +5997 | ||||
ISO 3166-2 | NL-BQ1 e BQ-BO | ||||
Bonaire (/bɒnˈɛər/;[1] neerlandés: Bonaire, pronunciado [boːˈnɛːr(ə)] ( );[2] papiamento: Boneiru) é un municipio especial dos Países Baixos que abrangue a illa homónima e a deshabitada illa de Klein, constitúe un territorio de ultramar da Unión Europea. Está situada no sur do mar Caribe, fronte á costa occidental de Venezuela, e forma parte do grupo de illas de Sotavento das Antillas Menores, xunto coas illas de Aruba e Curaçao. Con 288 km² de superficie, é a segunda illa en tamaño das Antillas Neerlandesas, logo de Curaçao. A súa capital é Kralendijk, situada na costa centroccidental da illa. Aruba, Bonaire e Curaçao forman as illas ABC, a 80 km da costa de Venezuela.[3] A diferenza de gran parte da rexión do Caribe, as illas ABC atópanse fóra de Hurricane Alley. As illas teñen un clima árido que atrae visitantes que buscan un clima cálido e soleado durante todo o ano. Bonaire é un destino popular para practicar snorkel e submarinismo debido aos seus múltiples sitios de mergullo na costa e ao fácil acceso aos arrecifes marxinais da illa.
O 1 de xaneiro de 2019, a poboación da illa ascendía a 20.104 residentes permanentes,[4] un aumento duns 1.200 desde 2015. A superficie total da illa é de 288 kilometros cadrados (111 sq mi),[5] ten 38,6 km. de longo de norte a sur, e oscila entre 4,8 – 8 km. de ancho de leste a oeste. A uns 800 m. ao oeste de Bonaire a través do mar está o illote deshabitado de Klein Bonaire cunha superficie total de 6 km2 (2,3 sq mi). Klein Bonaire ten vexetación de baixo crecemento, incluíndo cactos (Papiamento: kadushi), con escasas palmeiras preto da auga e está bordeado por praias de area branca e un arrecife. Os arrecifes, as praias e as reservas nas illas situadas tanto en Bonaire como en Klein Bonaire están baixo a protección do Parque Nacional Mariño de Bonaire, e xestionados pola Stichting Nationale Parken Bonaire (STINAPA).[6]
Bonaire formou parte das Antillas Holandesas ata a disolución do país en 2010,[7] cando a illa se converteu nun municipio especial dos Países Baixos Caribeños (oficialmente, un "organismo público do Caribe") dentro do país dos Países Baixos.[8] É un dos tres municipios especiais do Caribe, os outros son Sint Eustatius e Saba.[8][9] O 80% da poboación de Bonaire é de nacionalidade holandesa, e case o 60% dos seus residentes naceron nas antigas Antillas Neerlandesas e Aruba.[10]
A maior parte dos seus habitantes son mulatos, produto da mestizaxe, entre europeos e africanos. Con todo, podemos observar que unha importante parte da súa poboación ten variadas orixes, entre as que debemos destacar os Países Baixos, República Dominicana, Venezuela, Colombia, Suriname e os Estados Unidos, entre outros países.