Bordetella | |||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() B. bronchiseptica flaxelados. | |||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||
| |||||||||||||
Especies | |||||||||||||
'B. ansorpii' |
Bordetella é un xénero de bacterias de pequeno tamaño (non chegan a 1 µm) gramnegativas pertencentes ao filo Proteobacteria. Son cocobacilos de difícil cultivo e, coa excepción de B. petrii, son aerobios obrigados. Tres especies son patóxenos humanos, B. pertussis, B. parapertussis e B. bronchiseptica; unha das cales (B. bronchiseptica) é tamén móbil.[1]
O xénero Bordetella recibe o seu nome polo do médico belga Jules Bordet, que descubriu a B. pertussis e elaborou unha vacina contra ela.
B. pertussis e ocasionalmente B. parapertussis causan tose ferina, que causa unha tose convulsiva e é contaxiosa en humanos[2] e algunhas cepas de B. parapertussis poden colonizar as ovellas. A B. bronchiseptica raramente infecta a humanos sans, aínda que hai informes de enfermidades en persoas inmunodeficientes.[3] B. bronchiseptica causa doenzas noutros animais, como traqueobronquite e rinite atrófica en cans e porcos, respectivamente. Outros membros do xénero causan enfermidades similares noutros mamíferos e en aves (B. hinzii, B. avium).