Boris III de Bulgaria

Modelo:BiografíaBoris III de Bulgaria

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(bg) Борис Клемент Роберт Мария Пий Луи Станислав Ксавие Сакскобургготски Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento30 de xaneiro de 1894 Editar o valor en Wikidata
Sofía, Bulgaria Editar o valor en Wikidata
Morte28 de agosto de 1943 Editar o valor en Wikidata (49 anos)
Sofía, Bulgaria Editar o valor en Wikidata
Causa da morteinfarto agudo de miocardio Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaMosteiro de Rila (pt) Traducir
Palácio de Vrana (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Tsar de Bulgaria
3 de outubro de 1918 – 28 de agosto de 1943
← Fernando I de BulgariaSimeón II de Bulgaria → Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
ResidenciaSofía Editar o valor en Wikidata
RelixiónCristianismo ortodoxo e catolicismo Editar o valor en Wikidata
EducaciónVasil Levski National Military University (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoPolítico Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónmonarca, militar, oficial, maquinista (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Carreira militar
Rango militarGeneral of the Infantry (en) Traducir (1938–)
tenente xeneral (1928–)
maior xeneral (1918–)
Comandante (1916–)
podpolkovnik (pt) Traducir (1916–)
capitán (1912–)
Tenente Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloPríncipe
Duke in Saxony (en) Traducir
Príncipe de Saxonia-Coburgo e Gotha-Koháry
Prince of Tarnovo (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
FamiliaCasa de Saxonia-Coburg e Gotha-Koháry Editar o valor en Wikidata
CónxuxeIoanna (1930–1943), morte da persoa Editar o valor en Wikidata
FillosMaria Luísa da Bulgária, Simeón II de Bulgaria Editar o valor en Wikidata
PaisFernando I de Bulgaria Editar o valor en Wikidata  e María Luísa de Borbón-Parma Editar o valor en Wikidata
IrmánsCirilo de Bulgaria
Nadejda de Bulgaria
Eudoxia de Bulgaria Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteGrande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Борис III)
Great Encyclopedia “Bulgaria” (en) Traducir, (vol:1)
Obálky knih, Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1404348 WikiTree: Sachsen-Coburg_und_Gotha-48 Find a Grave: 9426828 Editar o valor en Wikidata

Boris III de Bulgaria (en búlgaro: Борис III), nado en Sofía o 30 de xaneiro de 1894 e finado na mesma cidade o 28 de agosto de 1943, foi o penúltimo tsar de Bulgaria. Foi un monarca moi popular entre os seus súbditos, ademais dunha das figuras clave nos Balcáns durante o período de entreguerras e a segunda guerra mundial.

Era o fillo máis vello do tsar Fernando I e accedeu ao trono tras a abdicación do seu pai, acusado de levar a Bulgaria á derrota na Primeira guerra mundial.[1] Asumiu, con só 24 anos, o goberno dun estado arruinado, ao bordo do caos e dividido entre os extremistas de esquerda e dereita. A pesar dos seus esforzos por estabilizar a vida política do seu país, Boris non puido contra o autoritarismo dos seus primeiros ministros Aleksandr Stamboliskii e Aleksandr Tsankov.[2]

Boris foi un filántropo, que adoitaba viaxar polo país para axudar á poboación máis necesitada. Tamén visitou outros países en pro de mellorar a imaxe de Bulgaria tras a primeira guerra mundial. Foi durante un destes viaxes cando coñeceu á princesa Xoana de Savoia, con quen casou en 1930.[3]

En 1934, a depresión económica e os conflitos políticos levaron a un golpe militar organizado e liderado por oficiais do Zveno, que instauraron un réxime ditatorial coa idea de establecer unha república. Boris recuperou o control ao ano seguinte e, para evitar unha nova crise política, impuxo ao país unha ditadura.[4]

Contrario aos métodos brutais dos réximes totalitarios, Boris intentou en balde aproximarse ás democracias occidentais, pero a indiferenza internacional o levou a estreitar relacións coa Alemaña nazi. Como pacifista convencido, intentou manterse neutral durante a segunda guerra mundial; pero, en 1941, co exército alemán na fronteira búlgara, o monarca viuse obrigado a aliñarse co Eixo. A pesar da alianza formal, non participou militarmente no conflito e negouse a deportar os xudeus cara a Alemaña.

En 1943, dúas semanas despois dunha reunión con Adolf Hitler, Boris morreu en estrañas circunstancias. Foi sucedido polo seu fillo Simeón.

  1. Wien 2008, p. 80.
  2. Aslanian 2004, p. 4.
  3. Schaufelberger 1952, p. 3.
  4. Erro na cita: Etiqueta <ref> non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome Britannica

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne