Tipo | illa ![]() | ||||
---|---|---|---|---|---|
Parte de | Arquipélago Malaio ![]() | ||||
Situado na entidade xeográfica | Sueste asiático ![]() | ||||
Localización | |||||
Continente | Asia ![]() | ||||
| |||||
Bañado por | Océano Pacífico, Mar de Sulu, Mar da China Meridional, Mar de Xava, Mar de Célebes e Estreito de Macasar ![]() | ||||
Características | |||||
Altitude | 4.095 m 113 m ![]() | ||||
Dimensións | 1.026 (![]() ![]() | ||||
Perímetro | 4.971 km ![]() | ||||
Punto máis alto | Monte Kinabalu (pt) ![]() ![]() ![]() | ||||
Atravesa | Indonesia, Malaisia e Brunei ![]() | ||||
Superficie | 748.168 km² ![]() | ||||
Borneo é unha illa (a terceira por tamaño do mundo, con 743.330 km² ) ao sueste de Asia. Atópase ao norte de Xava, ao oeste de Sulawesi, e ao leste de Sumatra.
A illa está dividida politicamente entre tres países: Brunei e Malaisia no norte, e Indonesia ao sur. Aproximadamente o 73% da illa é o territorio indonesio de Kalimantan. No norte, os estados malaisianos de Sabah e Sarawak, representan ao redor do 26% da illa. Ademais, o territorio federal de Malaisia de Labuan está situado nunha pequena illa fronte á costa de Borneo. O sultanato independente de Brunei, situado na costa norte, comprende ao redor de 1% da superficie terrestre de Borneo. Borneo é o fogar dunha das máis antigas selvas do mundo.