Borussia Dortmund | ||||
---|---|---|---|---|
![]() | ||||
Nome | Ballspiel-Verein Borussia 09 e.V. Dortmund | |||
Alcume(s) | Die Borussen Die Schwarzgelben | |||
Fundación | 19 de decembro de 1909 (115 anos) | |||
Estadio | Signal Iduna Park, Dortmund, Alemaña | |||
Inauguración | 2 de abril de 1974 | |||
Capacidade | 81.365 | |||
Presidente | ![]() | |||
Adestrador | ![]() | |||
Liga | 1. Bundesliga | |||
2021/22 | 2º | |||
Vestimenta | Puma | |||
Patrocinador | Evonik Industries | |||
Na rede | ||||
http://www.bvb.de/ | ||||
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | ||||
| ||||
O Ballspielverein Borussia 09 e. V. Dortmund (ás veces abreviado como BVB ou BVB 09), normalmente coñecido como Borussia Dortmund, é un club profesional de fútbol da cidade alemá de Dortmund no estado de Renania do Norte-Westfalia. Foi fundado o 19 de decembro de 1909 e xoga na 1. Bundesliga, máxima categoría do fútbol xermano.
O Borussia é un dos clubs con máis éxito da historia do fútbol alemán, ademais do actual campión da Bundesliga. En total gañou sete campionatos de Liga, dúas Copas, catro Supercopas (récord no fútbol alemán), unha Copa de Europa, unha Copa da UEFA, unha Recopa e unha Copa Intercontinental. O seu título da Recopa da UEFA en 1966 converteunos no primeiro equipo xermano en gañar un título europeo. Dende 1974, o Dortmund xoga os seus partidos como local no Signal Iduna Park, o estadio máis grande de Alemaña e o sexto de Europa. O principal rival do Dortmund é o Schalke 04, co que xoga o partido coñecido como Ruhrgebiet (lit. Derby do Ruhr).