Bosna i Hercegovina (sh) Bosna i Hercegovina (bs) ![]() | |||||
Himno | Intermeco (2001) ![]() | ||||
---|---|---|---|---|---|
Lema | «Gwlad siap calon» ![]() | ||||
Localización | |||||
| |||||
Capital | Saraxevo ![]() | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 3.816.459 (2022) ![]() | ||||
Lingua oficial | lingua bosníaca lingua croata lingua serbia ![]() | ||||
Relixión | islam, xudaísmo, cristianismo ortodoxo e catolicismo ![]() | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 51.197 km² ![]() | ||||
Bañado por | mar Adriático e Mar Mediterráneo ![]() | ||||
Punto máis alto | Monte Maglić (2.386 m) ![]() | ||||
Punto máis baixo | mar Adriático (0 m) ![]() | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Creación | 1 de marzo de 1992 ![]() | ||||
Día festivo | |||||
Organización política | |||||
Forma de goberno | república federal república ![]() | ||||
• Presidencia ![]() | Željko Komšić (2018–) Denis Bećirović (pt) ![]() Željka Cvijanović (pt) ![]() ![]() | ||||
Órgano executivo | Council of Ministers of Bosnia and Herzegovina (en) ![]() ![]() | ||||
• Presidente ![]() | Borjana Krišto (2023–) ![]() | ||||
Órgano lexislativo | Assembleia Parlamentar da Bósnia e Herzegovina (pt) ![]() ![]() | ||||
Membro de | |||||
PIB nominal | 23.649.566.069 $ (2021) ![]() | ||||
Moeda | Marco convertible ![]() | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
Dominio de primeiro nivel | .ba ![]() | ||||
Prefixo telefónico | +387 ![]() | ||||
Teléfono de emerxencia | 112, 122, 123 e 124 ![]() | ||||
Código de país | BA ![]() | ||||
Sitio web | fbihvlada.gov.ba ![]() | ||||
![]() |
Bosnia e Hercegovina[1] (en bosníaco, croata e serbio latino: Bosna i Hercegovina, en cirílico: Босна и Херцеговина) é unha república federal dos Balcáns, que limita ao norte, oeste e sur con Croacia, ao leste con Serbia, e ao sueste con Montenegro, dispoñendo aínda dunha minúscula extensión de litoral, no mar Adriático.
A poboación do país está composta por tres "pobos constituíntes" diferenciados, os bosníacos, o maior dos tres, en segundo lugar os serbios e finalmente os croatas. A distinción entre bosníaco e hercegovino é considerada simplemente rexional e, en ningún momento, unha distinción étnica. O país está politicamente descentralizado e consta de dúas entidades de goberno principais, a Federación de Bosnia e Hercegovina e a República Serbia, sendo o pequeno Distrito de Brčko unha terceira entidade de facto.
Antigamente foi unha das seis unidades federais que constituían a República Federal Socialista de Iugoslavia, obtendo a súa independencia durante as guerras iugoslavas da década de 1990. O estado pode ser descrito como unha república democrática federal, sendo un dos candidatos potenciais para ser membro nun futuro da Unión Europea e da OTAN.