Bosna i Hercegovina (sh) Bosna i Hercegovina (bs) | |||||
Himno | Intermeco (2001) | ||||
---|---|---|---|---|---|
Lema | «Gwlad siap calon» | ||||
Localización | |||||
| |||||
Capital | Saraxevo | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 3.816.459 (2022) (74,54 hab./km²) | ||||
Lingua oficial | lingua bosníaca lingua croata lingua serbia | ||||
Relixión | Islam, xudaísmo, cristianismo ortodoxo e catolicismo | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 51.197 km² | ||||
Bañado por | mar Adriático e Mar Mediterráneo | ||||
Punto máis alto | Monte Maglić (2.386 m) | ||||
Punto máis baixo | mar Adriático (0 m) | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Creación | 1 de marzo de 1992 | ||||
Día festivo | |||||
Organización política | |||||
Forma de goberno | república federal república | ||||
• Presidencia | Željko Komšić (2018–) Denis Bećirović (pt) (2022–) Željka Cvijanović (pt) (2022–) | ||||
Órgano executivo | Council of Ministers of Bosnia and Herzegovina (en) | ||||
• Presidente | Borjana Krišto (2023–) | ||||
Órgano lexislativo | Assembleia Parlamentar da Bósnia e Herzegovina (pt) , | ||||
Membro de | |||||
PIB nominal | 23.649.566.069 $ (2021) | ||||
Moeda | Marco convertible | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
Dominio de primeiro nivel | .ba | ||||
Prefixo telefónico | +387 | ||||
Teléfono de emerxencia | 112, 122, 123 e 124 | ||||
Código de país | BA | ||||
Sitio web | fbihvlada.gov.ba | ||||
Bosnia e Hercegovina[1] (en bosníaco, croata e serbio latino: Bosna i Hercegovina, en cirílico: Босна и Херцеговина) é unha república federal dos Balcáns, que limita ao norte, oeste e sur con Croacia, ao leste con Serbia, e ao sueste con Montenegro, dispoñendo aínda dunha minúscula extensión de litoral, no mar Adriático.
A poboación do país está composta por tres "pobos constituíntes" diferenciados, os bosníacos, o maior dos tres, en segundo lugar os serbios e finalmente os croatas. A distinción entre bosníaco e hercegovino é considerada simplemente rexional e, en ningún momento, unha distinción étnica. O país está politicamente descentralizado e consta de dúas entidades de goberno principais, a Federación de Bosnia e Hercegovina e a República Serbia, sendo o pequeno Distrito de Brčko unha terceira entidade de facto.
Antigamente foi unha das seis unidades federais que constituían a República Federal Socialista de Iugoslavia, obtendo a súa independencia durante as guerras iugoslavas da década de 1990. O estado pode ser descrito como unha república democrática federal, sendo un dos candidatos potenciais para ser membro nun futuro da Unión Europea e da OTAN.