Boston Bruins | |
---|---|
Fundación | 1924 |
Cidade | Boston, Massachusetts Estados Unidos |
Estadio | TD Garden (17.565 espectadores) |
Liga | National Hockey League |
Conferencia | Leste |
División | Atlantic |
Campionatos | 6 (1928-29, 1938-39, 1940-41, 1969-70, 1971-72, 2010-11) |
Propietario(s) | Delaware North Companies (Jeremy Jacobs, presidente) |
Director | Don Sweeney |
Adestrador | Bruce Cassidy |
Afiliado(s) | Providence Bruins (AHL) Atlanta Gladiators (ECHL) |
Cores | Negro, ouro, branco |
Na rede | |
http://bruins.nhl.com/ | |
Os Boston Bruins son un equipo profesional de hóckey sobre xeo da cidade de Boston, Massachusetts (Estados Unidos). Os Bruins compiten na máxima competición de hóckey sobre xeo en América do Norte, a National Hockey League (NHL), estando encadrados na Atlantic División da Conferencia Leste. Dende 1995 xogan os seus partidos como local no TD Garden. O equipo gañou a Copa Stanley en seis ocasións, a última delas en 2011, ademais de gañar un dúas ocasións o Presidents' Trophy e en 17 o Prince of Wales Trophy.
Fundados en 1924, os Boston Bruins son unha das franquías máis antigas da NHL que seguen activas,[nota 1] formando parte entre 1942 e 1967 do denominado Original Six xunto cos estadounidenses Chicago Blackhawks, New York Rangers e Detroit Red Wings, e os canadenses Montreal Canadiens e Toronto Maple Leafs. Foron o primeiro equipo da NHL en instalarse nunha cidade dos Estados Unidos, e tan só os Canadiens e os Maple Leafs (daquela chamados St. Patricks), son anteriores aos Bruins. Dende a súa primeira tempada (1924-25), os Bruins teñen disputado dezaoito veces a final da Copa Stanley, conseguindo o campionato en seis ocasións os anos 1929, 1939, 1941, 1970, 1972 e 2011. Os seus rivais históricos son os Montreal Canadiens, quen os derrotaron en todas as ocasións nas que os dous equipos se encontraron na final.
Máis de oitocentos xogadores diferentes teñen vestido as cores negra, dourada e branca dos Bruins dende os inicios do equipo, e máis de cincuenta personalidades do equipo forman parte do Hockey Hall of Fame. Este é o caso de: «Ray» Bourque (tamén o xogador con máis puntos da historia do equipo), Robert «Bobby» Orr, Phil Esposito, Tiny Thompson ou Cam Neely. O cadro de xogadores actual está adestrado polo canadense Bruce Cassidy e está liderado polo capitán eslovaco Zdeno Chára.
Erro no código da cita: As etiquetas <ref>
existen para un grupo chamado "nota", pero non se atopou a etiqueta <references group="nota"/>
correspondente