Boy | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Boy |
Director | Taika Waititi |
Produtor | Cliff Curtis Ainsley Gardiner Emanuel Michael |
Guión | Taika Waititi |
Intérpretes | James Rolleston Te Aho Aho Eketone-Whitu Taika Waititi |
Música | The Phoenix Foundation |
Fotografía | Adam Clark |
Montaxe | Chris Plummer |
Estudio | Whenua Films Unison Films New Zealand Film Production Fund New Zealand Film Commission New Zealand On Air Te Mangai Paho |
Distribuidora | Transmission Films |
Estrea | 25 de marzo de 2010 |
Duración | 88 minutos |
Orixe | Nova Zelandia |
Xénero | Drama, comedia |
Recadación | $8 621 535[1] |
Na rede | |
http://boythefilm.com/ | |
Boy é un filme neozelandés dirixido e escrito por Taika Waititi que se estreou no 2010. En Nova Zelandia, o filme eclipsou os anteriores récords de recadación na primeira semana que obtiveran outras producións locais.[2] Boy tamén se converteu no meirande éxito da historia do cine neozelandés nas salas do seu país.[3] A banda sonora de Boy é obra de The Phoenix Foundation, que xa tiñan colaborado con Waititi no seu filme anterior, Eagle vs Shark.