Brahmagupta

Modelo:BiografíaBrahmagupta
Biografía
Nacemento(sa) ब्रह्मगुप्तः Editar o valor en Wikidata
c. 598 Editar o valor en Wikidata
Bhinmal, India (pt) Traducir, presumiblemente Editar o valor en Wikidata
Mortec. 670 Editar o valor en Wikidata (71/72 anos)
Ujjain, India (pt) Traducir, presumiblemente Editar o valor en Wikidata
ResidenciaBhinmal (pt) Traducir
Ujjain (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoMatemáticas Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónmatemático, astrónomo Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
PaiJishnugupta Editar o valor en Wikidata

BNE: XX1211622

Brahmagupta (ब्रह्मगुप्त) (Bhinmal, Raxastán, 589668) foi un matemático e astrónomo indio que escribiu dúas obras importantes de matemáticas e astronomía: o Brahmasphuṭasiddhanta (Tratado Extensivo de Brahma) (628), un tratado teórico, e o Khaṇḍakhadyaka, un texto máis práctico.

Hai razóns para crer que Brahmagupta era oriúndo de Bhillamala (actual Bhinmal) no imperio de Harsha. Debido a iso, Brahmagupta é frecuentemente denominado Bhillamalacarya, "o mestre de Bhillamala".

Foi o director do observatorio astronómico de Ujjain, o máis antigo e importante da India na súa época, e durante a súa estadía alí escribiu catro libros sobre matemática e astronomía: os dous anteriormente mencionados, o Cadamekela e o Durkeamynarda. Os textos de Brahmagupta teñen un certo aire poético pois están escritos en versos elípticos, práctica habitual entre os matemáticos indios daquel tempo.

Brahmagupta está considerado como o pai da aritmética, da álxebra e da análise numérica. A aritmética moderna usada actualmente espallouse pola India e por Arabia e, de alí, pasou a Europa. Inicialmente coñecíase como Al Hind (en árabe) e como Modus Indoram (en latín). Modus Indoram significa "método dos indios" e converteuse na aritmética usual, substituíndo aos numerais romanos e aos métodos baseados no ábaco. A adición, a subtracción, a división e outras operacións fundamentais usando numerais árabes apareceron na súa obra Brahmasputhasiddhanta (628).

O seu traballo tivo un impacto significativo nas construcións matemáticas. Brahmagupta popularizou o concepto do cero (na súa obra aparece por primeira vez esta noción[1]), sendo o primeiro en dar regras para operar con el. Tamén definiu regras para a aritmética con números negativos en termos moi parecidos aos da matemática moderna. A maior diverxencia estriba en que Brahmagupta intentou definir a división por cero, considerada inexistente na matemática moderna. A súa definición de cero como un número era adecuada, agás o feito de considerar 0/0 igual a 0, en contra da opinión actual de que esa cantidade non pode definirse.

En 628, Brahmagupta proporcionou a primeira solución xeral para a ecuación de segundo grao.

Está considerado como o máis grande dos matemáticos da época, porén descoñécese as fontes das matemáticas de Brahmagupta[2].

  1. T. Crilly (2007). Quercus, ed. 50 Mathematical Ideas You Really Need to Know (en inglés). Londres. pp. 4-5. 
  2. J. J. O'Connor; E. F. Robertson. University of St. Andrews, ed. "Brahmagupta biography". MacTutor (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 15 de setembro de 2013. Consultado o 08 de febreiro de 2014. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne