Brienne de Tarth | |
---|---|
Información |
Brienne de Tarth é unha personaxe ficticia da saga Canción de xeo e lume de George R. R. Martin. A súa primeira aparición prodúcese no libro A Clash of Kings e conta con capítulos propios no cuarto libro da saga, A Feast for Crows.
Brienne é a filla única e herdeira de Lord Selwyn Tarth do Castelo do Atardecer; tiña tres irmáns, ningún dos cales sobreviviu máis aló da nenez. A súa familia debe lealdade á Casa Baratheon de Storm's End. A Casa Tarth goberna a illa de Tarth, situada nunha marxe de Baía de Naufraxios.