![]() (2012) ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 25 de xuño de 1949 ![]() Viena (Zonas ocupadas pelos Aliados na Áustria) ![]() |
Morte | 3 de xuño de 2024 ![]() Viena, Austria ![]() |
![]() | |
3 de xuño de 2019 – 7 de xaneiro de 2020 ← Hartwig Löger – Sebastian Kurz → Nomeado por: Alexander Van der Bellen | |
President of the Constitutional Court (Austria) (en) ![]() | |
23 de febreiro de 2018 – 2 de xuño de 2019 ← Gerhart Holzinger (pt) ![]() Nomeado por: Alexander Van der Bellen | |
Vice-president of the Constitutional Court (en) ![]() | |
1 de xaneiro de 2003 – 23 de febreiro de 2018 ← Karl Korinek (pt) ![]() Nomeado por: Thomas Klestil ![]() | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade de Viena - doutora en Leis (–1971) ![]() |
Actividade | |
Lugar de traballo | Viena ![]() |
Ocupación | política (2019–2020), xurista, xuíza ![]() |
Empregador | Austrian Federal Government (en) ![]() ![]() |
Partido político | sen valor ![]() |
Premios | |
Descrito pola fonte | Biographies of important Austrian women scientists (en) ![]() ![]() |
![]() ![]() |
Brigitte Bierlein, nada en Viena o 25 de xuño de 1949[1] e finada na mesma cidade o 3 de xuño de 2024, foi unha xurista e política austríaca, que foi chanceler de Austria durante algo máis de medio ano a partir do 3 de xuño de 2019.[2]
Foi avogada xeral da Oficina do Procurador, equivalente a fiscal xefe do país, de 1990 a 2002, e membro do taboleiro executivo da Asociación Internacional de Fiscais de 2001 a 2003. En 2003, Bierlein foi elixida membro do Tribunal Constitucional. Entre xaneiro de 2018 e xuño de 2019, exerceu como presidente do tribunal, a primeira muller en ostentar este cargo.
Tras o Caso Ibiza, o presidente de Austria, Alexander Van der Bellen nomeou a Bierlein chanceler interina o 30 de maio de 2019, despois de que unha moción de censura destituíse o goberno de Sebastian Kurz. Era a primeira muller que ocupaba ese cargo en Austria e exerceu até que o seguinte goberno, de novo liderado por Kurz, tomou posesión tralas seguintes eleccións nacionais.[3]