Bristol Blenheim | |
---|---|
![]() Blenheim | |
Tipo | bombardeiro lixeiro, caza nocturno, recoñecemento |
Fabricante | Bristol Aeroplane Company |
Primeiro voo | 12 de abril de 1935 |
Introducido | 1937 |
Retirado | 1958 (Finlandia) |
Principais usuarios | Royal Air Force Real Forza Aérea do Canadá Forza Aérea de Finlandia Real Forza Aérea de Iugoslavia |
Unidades construídas | 4 422 |
Variantes | Bristol Beaufort Bristol Fairchild Bolingbroke |
O Bristol Blenheim foi un bombardeiro lixeiro británico deseñado e construído por Bristol Aeroplane Company e usado durante a segunda guerra mundial. Foi o primeiro avión británico cunha construción totalmente metálica e usouse moito durante os dous primeiros anos do conflito. Posteriormente sería usado como caza pesado e nocturno, e como adestrador. Unha versión de construción canadense, bautizado como Bolingbroke, foi usado como avión antisubmarino e de adestramento.
O Blenheim Mk I eclipsou á meirande parte dos cazas biplanos de finais dos anos 30 pero tivo poucoas posibilidades contra o Messerschmitt Bf 109 alemán durante as operacións diúrnas, aínda que tivo éxito como caza nocturno. A variante Mark IV tamén tivo moi pouco éxito, sufrindo grandes perdas nas primeiras etapas da guerra.