British Midland International | ||
---|---|---|
![]() | ||
IATA BD | OACI BMA | Indicativo MIDLAND |
Fundación | 1938 (como Air Schools Limited) | |
Fin das operacións | 27 de outubro do 2012 (fusionada con British Airways) | |
Aeroporto principal | Aeroporto de Londres-Heathrow | |
Alianza | Star Alliance (2000-2012) | |
Subsidiarias | Bmibaby, BMI Regional | |
Frota | 27 (antes de pasar a BA) | |
Destinos | 35 | |
Eslogan da compañía | Better for business | |
Sede |
British Midland Airways Limited (comercializada ao longo da súa historia con varios nomes como British Midland, BMI British Midland, BMI ou British Midland International) foi unha aeroliña británica coa súa sede en Donington Hall, preto do aeroporto de East Midlands. A compañía realizaba voos a destinos en Europa, Oriente Medio, África e Asia central dende a súa base operacional no Aeroporto de Londres-Heathrow, onde no seu momento de máxima actividade ocupaba o 11% dos slots de aterraxes e engalaxes e operaba ao redor de 2.000 voos por semana. BMI foi membro de Star Alliance dende o 1 de xullo de 2000 ata o 20 de abril de 2012.
Foi mercada a Lufthansa polo International Airlines Group (IAG) o 20 de abril do ano 2012 e fusionouse con British Airways o 27 de outubro dese ano. As súas subsidiarias Bmibaby e BMI Regional tamén foron mercadas, aínda que IAG non desexaba conservalas.[1] BMI Regional foi vendida a Sector Aviation Holdings en maio de 2012 e contina operando, mentres que Bmibaby desapareceu en setembro dese ano.
British Midland Airways Limited tiña unha licenza operacional da Civil Aviation Authority (CAA) de tipo A, que lle permitía transportar pasaxeiros, carga e correo en avións con 20 ou máis asentos.[2]