Britpop | |
---|---|
Orixe musical | British Invasion, Glam rock, Indie rock, Madchester, Mod revival, New Wave, Punk rock |
Orixe cultural | principios dos 90 no Reino Unido |
Instrumentos típicos | Guitarra - Baixo - Batería - Teclado |
Derivados | New wave of new wave, Lion Pop |
O britpop foi un xénero de rock alternativo británico e un movemento que foi moi popular sobre todo en Gran Bretaña a mediados dos anos 90. O britpop emerxeu da escena indie aprincipios da década dos 90 e estaba caracterizado por bandas influenciadas polo pop guitar británico dos anos 60 e 70. O movemento desenvolveuse como unha reacción contra varias tendencias musicais e culturais de finais dos 80 e principios dos 90, particularmente o fenómeno grunge dos Estados Unidos.
A pesar de que as bandas de britpop non tiñan un son unificado elas foron agrupadas xuntas polos medios primeiramente como unha escena musical, máis que como un xénero propiamente, e posteriormente como un movemento cultural nacional. Blur, Oasis e Pulp son considerados os grupos máis representativos do britpop, e outras bandas asociadas a este movemento son Suede, Elastica, Ocean Colour Scene, Supergrass e The Verve. Esas bandas levaron o rock alternativo británico cara ao mainstream e formaron a espiña dorsal dun movemento cultural británico aínda maior denominado "Cool Britannia".
A pesar de que as súas bandas máis populares foron capaces de manter o seu éxito comercial internacionalmente, sobre todo en Norteamérica, o movemento en gran parte se disolveu cara finais da década dos 90.