Brucella abortus | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
Brucella abortus (Schmidt, 1901) Meyer e Shaw, 1920 |
Brucella abortus é unha especie de proteobacteria gramnegativa bacilar patóxena da familia Brucellaceae, que é un dos axentes causantes da brucelose, xunto con outras brucelas.[1] É unha bacteria formadora de esporas, non móbil e aerobia.[2]
Brucella abortus entra nos fagocitos e pode reproducirse dentro deles, polo que invade as defensas animais e humanas, o cal causa unha doenza crónica no hóspede.[3] O fígado e o bazo son as áreas afectadas do corpo.[4] Os granxeiros e veterinarios son as persoas que están en máis alto risco de contaxiarse da doenza. Os porcos, cabras, ovellas e gando vacún son algúns dos reservorios para esta doenza.[5] B. abortus causa o aborto e a infertilidade no gando adulto e é unha zoonose, que está presente en todo o mundo.[6] Tamén afecta os bisontes.[7] Os humanos infectanse xeralmente ao beber leite non pasteurizado procedente de animais infectados.[8]
O período de incubación da doenza pode ser de dúas semanas a un ano. Unha vez que se empezan a manifestar os síntomas, o hóspede estará enfermo durante de 5 días a 5 meses, dependendo da gravidade da doenza. Algúns dos síntomas da brucelose son: febre, calafríos, dor de cabeza, dor de costas e perda de peso. Como moitas outras doenzas, pode ter graves complicacións; a endocardite e os abscesos no fígado son un par de complicacións que se dan con certa frecuencia na brucelose.[9]
Historicamente a bacteria chamouse Bacillus abortus ou bacilo de Bang, pero en 1920 foi pasada ao xénero Brucella.[10]