Brussels Airlines | ||
---|---|---|
![]() | ||
IATA SN | OACI BEL | Indicativo BEELINE |
Fundación | 7 de novembro do 2006 | |
Inicio das operacións | 25 de marzo do 2007 | |
Aeroporto principal | aeroporto de Bruxelas | |
Plan de voo frecuente | Miles & More | |
Alianza | Star Alliance ![]() | |
Frota | 44 | |
Destinos | 92 | |
Holding | Lufthansa Group | |
Páxina web: brusselsairlines.com |
Brussels Airlines é a aeroliña nacional de Bélxica.[1] Ten a súa base e a súa sede en terreos do aeroporto de Bruxelas e é unha subsidiaria de Lufthansa. É a aeroliña máis grande baseada en Bélxica, operando a preto de 100 destinos de Europa, Norteamérica e África. Realiza tamén servizos chárter, mantemento e adestramento de pilotos e tripulantes. A compañía é membro da Asociación de Transporte Aéreo Internacional (IATA) e da alianza de aeroliñas Star Alliance.[2]
O seu código da IATA SN é herdanza das súas predecesoras, Sabena e SN Brussels Airlines. Lufthansa mercou o 45% da compañía no ano 2009 e en setembro de 2016 a aeroliña alemá anunciou que mercaría o resto do capital de Brussels Airlines por 2,6 millóns de euros.[3] A operación foi completada en xaneiro de 2017.[4]