Bufos | ||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() | ||||||||
Clasificación científica | ||||||||
| ||||||||
Familias | ||||||||
Strigidae Tytonidae |
Un bufo é calquera das máis de 200 especies de aves de rapina nocturna solitaria da orde dos Strigiformes. Os bufos xeralmente cazan pequenos mamíferos, insectos e outras aves, aínda que algunhas especies especialízanse na caza de peixes. Están distribuídos por todos os continentes, excepto na Antártida e a maior parte de Groenlandia, e nalgunhas illas remotas.
Os bufos teñen grandes ollos e orellas que miran para adiante, un bico aquilino e un rechamante círculo de plumas ao redor dos seus ollos chamado disco facial. Aínda que os bufos teñen visión binocular, os seus ollos están fixos no seu lugar e teñen que xirar toda a súa cabeza para ver cara a outra dirección.
Moitos bufos poden cazar en total escuridade guiándose polo son. O seu disco facial axuda a dirixir o son producido por roedores cara aos seus oídos. Moitas especies posúen plumas suaves que lles permiten voar sen facer ruído, e desta forma oír os ruídos ou os zunidos que se producen no chan.
A pesar da súa aparencia, os bufos están máis directamente relacionados coas aves da orde dos Caprimulxiformes que cos falcóns e outros predadores diúrnos (Falconiformes).
Os ovos de bufo son brancos e case esféricos. Os seus niños constrúenos rudimentariamente e poden estar situados en árbores, en tobos, en alpendres e covas.