Himno | Himno a Burgos (en) ![]() ![]() | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Castela e León | ||||
Provincia | provincia de Burgos ![]() | ||||
Capital de | |||||
Capital | cidade de Burgos (pt) ![]() ![]() | ||||
Contén a división administrativa | Castañares Cortes (en) ![]() Cótar (en) ![]() Gamonal Villafría (en) ![]() Villagonzalo-Arenas (en) ![]() Villalonquéjar (en) ![]() Villargámar (en) ![]() Villatoro (en) ![]() Villayuda (en) ![]() Villímar (en) ![]() ![]() | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 175.895 (2024) ![]() | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 107,08 km² ![]() | ||||
Bañado por | Río Arlanzón ![]() | ||||
Altitude | 859 m ![]() | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Fundador | Diego Rodríguez Porcelos (pt) ![]() ![]() | ||||
Creación | 884 ![]() | ||||
Evento clave
| |||||
Santo padrón | Aleaume de Burgos (pt) ![]() ![]() | ||||
Organización política | |||||
• Alcaldesa ![]() | Cristina Ayala Santamaría (en) ![]() ![]() | ||||
Membro de | Rede de cidades creativas (2015–) ![]() | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 09001–09007 ![]() | ||||
Fuso horario | |||||
Prefixo telefónico | 947 ![]() | ||||
Código INE | 09059 ![]() | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Sitio web | aytoburgos.es ![]() | ||||
![]() |
Burgos é unha cidade española de Castela e León, capital da provincia de Burgos. Conta cunha poboación de 179.097 habitantes, segundo os datos demográficos de 2013, repartidos nunha superficie de 107,08 km², converténdose na 37ª cidade máis poboada de España, e a segunda da comunidade.
Aínda que hai probas de asentamentos neolíticos e da Idade de Ferro, a cidade como tal fundouna o conde castelán Diego Porcelos no ano 884 para frear o avance musulmán. No ano 930 converteuse en capital do condado de Castela primeiro dependente do reino de León e independente despois por actuación do conde Fernán González. Foi a capital do reino de Castela, e de xeito intermitente da Coroa de Castela, desde 1230 ata o reinado dos Reis Católicos. Estes ditaron na cidade, en 1512, as Leis de Burgos; as primeiras leis que a Monarquía Hispánica aplicou en América para organizar a súa conquista. Posteriormente foi a capital da antiga rexión histórica de Castela a Vella, e primeira capital provisional da comunidade autónoma de Castela e León.
Conta cun anel verde e un amplo conxunto monumental entre os cales destacan a catedral de Santa María, expoñente da arquitectura gótica declarada Patrimonio da Humanidade pola UNESCO, o mosteiro de Santa María la Real de las Huelgas e a cartuxa de Miraflores. Ademais, a cidade é atravesada polo Camiño de Santiago, outro Patrimonio da Humanidade e atópase a menos de 15 km de Atapuerca, tamén baixo a protección da UNESCO desde o ano 2000. O día 13 de xullo de 2010, abriu as súas portas o Museo da Evolución Humana.